Esta iniciativa, impulsada polo actor Xosé A. Touriñán, naceu coa intención de sumar entre a afección deportivista para patrocinar a nosa Canteira. Despois de colaborar con eles na confección das camisolas, e ante as peticións de compra de camiseta que lles foron chegando estes días, decidiron poñer á venda varias unidades na nosa web, por unha boa causa. Todos os beneficios xerados pola súa venda irán destinados integramente á AECC (Asociación Española Contra el Cáncer).
Moitas grazas polo voso apoio!!!